Skip to main content
Axenda CaducadaPalas de Rei

Gontá celebra as súas festas esta fin de semana

Por 1 Setembro, 2022Setembro 4th, 2022Sin comentarios

Gontá da comezo mañá venres 2 de setembro as súas festas con unha verbena a cargo do grupo Alba e unha actuación de Dj Panu.

O sábado ás 13.00 terá lugar unha misa e procesión para continuar coa sesión vermú a cargo da orquestra Stereo. Xa pola tarde, ás 18.00 haberá unha foliada aberta a todos os que queiran participar co grupo A.C.A Fonte de Merlan. A verbena da noite correrá a cargo da orquestra Stereo e Dj David Expósito.

O domingo o día comezará ás 13.00 coa misa e a procesión par continuar con unha sesión vermú a cargo do dúo Carpe Diem. Ás 18.00 haberá inchables gratis para os máis pequenos e a partir das 20.00 a verbena estará amenizada polo grupo Carpe Diem.