Skip to main content
Palas de Rei

O PP pide o traballo conxunto para a materialización do proxecto da fábrica de téxtiles de Altri en Palas de Rei

Por 5 Setembro, 2022Sin comentarios

O Partido Popular de Galicia subliñou a necesidade de que todas as administracións traballen e colaboren para que o proxecto da fábrica de fibras téxtiles de Altri en Palas de Rei se materialice. Nese sentido, é imprescindible que o Goberno central apoie esta iniciativa habilitando os fondos europeos precisos. Así coincidiron os participantes nunha reunión recente celebrada en Palas de Rei dos alcaldes da zona, que estivo encabezada polo presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, e a presidenta provincial, Elena Candia.

A Xunta de Galicia, pola súa parte, xa se comprometeu a colaborar na tramitación administrativa e o Concello de Palas de Rei tamén terá un importante labor no seu desenvolvemento. Avaliouse, ademais, a importancia que este proxecto terá para a transformación industrial non só da comarca da Ulloa e da provincia de Lugo, senón tamén de toda Galicia, con especial relevancia no sector forestal. Deste xeito, prevese un impacto positivo a nivel económico, cun investimento de 800 millóns de euros; e laboral, coa creación de 2.500 empregos entre directos e indirectos.

Por outra banda, destaca a pegada industrial desta iniciativa, xa que se calcula que máis do 65% dos provedores sexan pemes, e que se incremente a demanda de materia prima e da industria loxística, permitindo a implantación de novas empresas de produtos e servizos.