Skip to main content
Axenda CaducadaPalas de Rei

Esta fin de semana Sambreixo celebra as súas festas

Por 22 Setembro, 2022Setembro 25th, 2022Sin comentarios

Sambreixo, en Palas de Rei, celebra esta fin de semana as súas festas. O sábado darán comezo as celebracións ás 13.30 con unha alborada do grupo Os Presiosos e ás 12.15 terá lugar a celebración da misa. 

A sesión vermú dará comezo ás 14.00 co dúo Carpe Diem que tamén serán os encargados, xunto coa orquestra Marinedad e de amenizar a verbena que dará comezo ás 23.00. 

O domingo a misa celebrarase ás 13.00 e a sesión vermú dará comezo ás 14.00 amenizada pola charanga Europa. Pola tarde ás 17.00 haberá xogos populares e ás 17.30 o IV Campionato de Billarda Terras de Sambreixo. 

Para finalizar as festas ás 19.30 o dúo Palabras Radicais presenta a obra Sentimentos Revolucionarios e a continuación un recital e presentación poética de Xaime e Lolo.