Skip to main content
Axenda CaducadaPortomarín

Portomarín celebra as súas festas esta fin de semana

Por 2 Setembro, 2022Setembro 4th, 2022Sin comentarios

Portomarín celebra as súas festas na honra de Santo Cristo que dan comezo mañá 3 de setembro.

A programación dará inicio o sábado ás 19.00 coa actuación da charanga Os Trileros para continuar con unha verbena a cargo de Dani Barreiros and Friendse e Dj Session Cuniquer Fest.

O domingo día 4 ás 13.00 terá lugar a celebración da misa que contará co acompañamento da Coral Sarricanta. A sesión vermú dará comezo ás 14.00 coa Banda de Música de Arca.

Xa pola tarde, ás 18.00, celebrarase un partido de futbol que enfrentará o Portomarín CF e o SD Paradela. Ás 19.30 haberá unha actución a cargo de Louband e a verbena dará comezo ás 23.30 coa orquestra Capitol e Dj Panda.

O luns 5 de setembro comezará o día con unha misa ás 13.00 para continuar coa sesión vermú a cargo da charanga Bicoia ás 14.00. Pola tarde actuarán Dj Panda ás 19.00 e a charanga Bicoia ás 19.00. O remate das festas será a cargo da orquestra Cinema e dará comezo ás 23.30.