Skip to main content
Portomarín

O Cúniquer Gastro Fest comeza este venres cheo de música e gastronomía

Por 6 Setembro, 2022Setembro 11th, 2022Sin comentarios

A primeira edición do Cúniquer Gastro Fest terá lugar en Portomarín os días 9, 10 e 11 de setembro. Un festival que estará dividido en tres zonas ubicadas en diferentes puntos de Portomarín, unha musical, outra gastronómica e outra de chill out.

Os concertos comezan o sábado e terán lugar en dous emprazamentos diferentes con un acceso gratuito, como todo o festival. O sábado actuarán Susana Seivane, Vargas Blues Band, The Soul Jacket Man de Santo, Carta de Ajuste e Festicultores Troupe acompañados de actuación de Dj.

O domingo os concertos serán de Los Álcantara, Romalde y Sobrín, La penúltima sabinera, Forget la France e Roi Casal. O domingo tamén habera acutación de diferentes Dj.

O festival contará tamén con unha zona infantil no campo da feira onde haberá inchables e dous talleres, un de chapas e outros de chaveiros. A zona infantil terá un horario de 12.00 a 20.00.

Na parte gastronómica o festival contará con diferentes opcións como unha zona de postos de marcas galegas que terán os seus produtos a venta ou una gran oferta de foodtrucks para poder elixir entre unha gran variedade de comida.

O festival contará tamén con unha sección de viños e vermús, showcokings e actividades extras para completar un festival cheo de música e gastronomía.