Skip to main content
Quiroga

A ponte do Castelo, en Quiroga, sufrirá obras de acondicionamento

Por 26 Setembro, 2022Setembro 27th, 2022Sin comentarios

O concello de Quiroga, vai recuperar a ponte do Castelo situada no Camiño de Inverno (moi preto do Castelo dos Novais) sobre o río Castelo das Eiras contando cunha axuda de máis de 32.000 euros, enmarcada dentro do Plan De Sostibilidade da Ribeira Sacra do Consorcio de Turismo.

A ponte de orixe medieval malia que presenta un estado de conservación aceptable en canto á conformidade estrutural e morfolóxica (deteriorada polo paso do tempo), perdeu a protección das beiras.

Polos vestixios aínda existentes sábese que tiña un peto de protección nas beiras (duns 75 centímetros de alto e 50 centímetros de espesor) para evitar caer o baleiro,  realizado en cachotería a base de  lousa. Este muro de protección é o que se recuperará  respectando a actual estrutura.

O pavimento tamén presenta deterioración polo que se reconstruirán 45 m2 de pavimento da ponte a base de canto rodado con morteiro en seco, respectando o existente.

Rematarase a recuperación coa limpeza da pedra e a recuperación da contorna retirando vexetación invasiva do contorna da ponte e da propia obra.

A Ponte que forma parte do camiño de entrada a Galicia seguindo o curso do río Sil dende tempos inmemoriais, hoxe Camiño de Inverno a Compostela, foi realizada con fábrica de xisto. Consta dun van e arco central dun só punto cunha altura de 8 metros, un ancho de 3.75 e unha lonxitude de máis de 15 metros.

Realizando actuacións de embelecemento como a recuperación desta ponte,  catalogada como elemento protexido, téntase revalorizar os recursos turísticos existentes no municipio como instrumento de crecemento económico.