Skip to main content
Bóveda

Bóveda pon en marcha este curso o servizo de madrugadores para axudar na conciliación

Por 8 Setembro, 2022Setembro 9th, 2022Sin comentarios

Bóveda vén de abrir as prazas para inscribir aos nenos do concello cuxos pais estean interesados en facer uso do servizo madrugadores. O obxectivo principal de este programa é o de facilitar aos proxenitores a conciliación da vida persoal coa profesional.

O servizo, gratuíto, prestarase de luns a venres en horario de 08.00 a 10.00 horas e as inscricións están xa abertas.

O concello de Bóveda pon en marcha este curso o servizo de madrugadores, trátase dun servizo para aquelas familias que precisan deixar aos seus fillos cedo, antes do inicio da xornada lectiva.

O servizo vaise prestarase na Casa da Cultura do municipio e os nenos e nenas estarán atendidos nun ambiente lúdico e educativo.

O servizo de madrugadores contará cunha programación específica baseada en actividades creativas e artísticas, musicais e deportivas.

Os pais e nais interesados poden inscribir aos seus fillos nas oficinas municipais. O servizo, que se presta por vez primeira en Bóveda, será gratuíto para tódolos usuarios.