Skip to main content
Chantada

Chantada acollerá neste mes de setembro a terceira edición da Wolf Survival Race

Por 4 Setembro, 2022Setembro 5th, 2022Sin comentarios

Chega esta desafiante proba un ano máis ao municipio de Chantada que na súa terceira edición, pretende consolidarse como unha das citas ineludibles para os corredores.

Adrenalina, constancia e superación camiñarán da man para que cada participante acade a meta cunha sensación de satisfacción insuperable.

O principal obxectivo da carreira é que cada deportista atope unha modalidade na que desfrutar e poñer a proba os seus límites. Para iso están habilitadas as categorías de Wsr Standard/ Experience, Relevos Wolf, Ninja Track, Wolk Fit e Wolf Kids.

Todos aqueles interesados en participar, poden inscribirse xa na web da Wolf Survival Race https://wsr.es/inscripciones

A carreira contará con probas únicas, obstáculos orixinais e divertidos. Deseñadas para ser un gran reto de superación e coa finalidade de que cada corredor chegue á meta cun sorriso.

A Wolf Survival Race ten lugar nun entorno incrible. Os lugares que acollen a carreira son completamente únicos, paraxes naturais que contribúen a que a experiencia do corredor sexa inigualable.

A ORGANIZACIÓN

Wolf Survival Race é o resultado da unión de amantes do deporte cunha experiencia en diferentes actividades e eventos. “A nosa paixón polo deporte empuxounos a organizar unha desafiante carreira de obstáculos na que se reflicten as nosas máximas: seguridade, innovación, calidade e o trato ao corredor”, afirman os propios membros da organización.

Nace en Chantada, terra ligada profundamente ao lobo, animal que simboliza todo o que queren contaxiar os eventos da Wolf Survival Race: superación, forza, instinto animal, confraternidade, equilibrio e harmonía coa natureza. Motivos máis que suficientes para convertelo no seu símbolo e que poña nome a esta proba.

“Os nosos eventos están pensados para todo tipo de corredores; o que queira competir atoparase ante unha carreira que porá a proba as súas habilidades, resistencia e forza. Aqueles corredores populares ou principiantes poderán desfrutar dun percorrido no que superarse e divertirse coa súa manada”, recoñecen os seus integrantes.