Skip to main content
Chantada

A terceira edición da Wolf Survival Race chega esta fin de semana a Chantada

Por 16 Setembro, 2022Setembro 17th, 2022Sin comentarios

Os próximos días 17 e 18 deste mes aterra en Chantada a desafiante proba da Wolf Survival Race, que pretende consolidarse como unha das citas ineludibles para tódolos corredores.

Adrenalina, constancia e superación camiñarán da man para que cada participante acade a meta cunha sensación de satisfacción insuperable.

O principal obxectivo da carreira é que cada deportista atope unha modalidade na que desfrutar e poñer a proba os seus límites. Para iso están habilitadas as categorías de Wsr Standard/ Experience, Relevos Wolf, Ninja Track, Wolk Fit e Wolf Kids.

A carreira contará con probas únicas, obstáculos orixinais e divertidos. Deseñadas para ser un gran reto de superación e coa finalidade de que cada corredor chegue á meta cun sorriso.

A Wolf Survival Race ten lugar nun entorno incrible. Os lugares que acollen a carreira son completamente únicos, paraxes naturais que contribúen a que a experiencia do corredor sexa inigualable.

A ORGANIZACIÓN

Wolf Survival Race é o resultado da unión de amantes do deporte cunha experiencia en diferentes actividades e eventos. “A nosa paixón polo deporte empuxounos a organizar unha desafiante carreira de obstáculos na que se reflicten as nosas máximas: seguridade, innovación, calidade e o trato ao corredor”, afirman os propios membros da organización.

Nace en Chantada, terra ligada profundamente ao lobo, animal que simboliza todo o que queren contaxiar os eventos da Wolf Survival Race: superación, forza, instinto animal, confraternidade, equilibrio e harmonía coa natureza. Motivos máis que suficientes para convertelo no seu símbolo e que poña nome a esta proba.

“Os nosos eventos están pensados para todo tipo de corredores; o que queira competir atoparase ante unha carreira que porá a proba as súas habilidades, resistencia e forza. Aqueles corredores populares ou principiantes poderán desfrutar dun percorrido no que superarse e divertirse coa súa manada”, recoñecen os seus integrantes.