Skip to main content
Folgoso do Courel

C@urel Vivo reclama medios de prevención e extinción de incendios

Por 21 Setembro, 2022Setembro 22nd, 2022Sin comentarios

Dende a organización comunitaria C@urel Vivo buscan unha maior protección da zona do Courel en materia de medios de prevención, extinción e políticas forestais axeitadas.

Tal e como afirma o seu propio voceiro, Óscar Carrete Lage, a Comisión Europea vén de anunciar un procedemento de infracción por non cumprir os requisitos para protección do Courel.

Eles mesmos “levan anos denunciando que a Xunta de Galicia non cumpre co Courel en materia de medios de prevención, extinción e políticas forestais axeitadas. Dende o concello non se nos escoitou cando solicitabamos máis medios de prevención, mellor distribución de brigadas, máis puntos de carga de auga nin tan sequera tralos lumes se quixo lexislar para afastar os piñeiros dos núcleos. Tralos lumes, todo a veciñanza notou  as eivas e a neglixencia e falta de previsión e as súas consecuencias”, afirma o concelleiro da organización.

Para Óscar Carrete “dende o mesmo Equipo de Goberno se esqueceron e tratan de esconder as neglixencias deses fatídicos días. Ben, pois agora non foi o grupo municipal de C@urel Vivo, polo que non sabemos se o PP do Caurel saíra de novo salvando a imaxe da Xunta ou apoiando as xentes do Courel. Foi a Comisión Europea que anunciou a apertura dun procedemento de infracción contra o Plan Director da Rede Natura elaborado pola Xunta”, destaca.

“A Comisión Europea considera que o plan director da Xunta para xestionar os espazos protexidos da Rede Natura 2000 non cumpre os requisitos da directiva comunitaria para a conservacións deses lugares, entre outros na zona Ancares-Courel”, considera o propio Carrete. Polo que dende a organización comunitaria piden que se tomen medidas ao respecto.