Skip to main content
Monforte

Monforte porá en marcha un dispositivo de tráfico polo paso da Volta Ciclista

Por 15 Setembro, 2022Sin comentarios

O concello de Monforte informa do dispositivo de tráfico que desenvolverá maña venres con motivo do paso da segunda etapa da Volta Ciclista a Galicia, con inicio e chegada en Taboada.

Está previsto que o pelotón transite por diversas rúas de Monforte e que o faga aproximadamente ás 14.25 horas, polo que os cortes no tráfico produciranse a partir das 14.00 horas da tarde, xa que o circuíto debe permanecer pechado e libre de vehículos en circulación, debido a que as motos da Garda Civil de Tráfico e os vehículos dos equipos e da organización  chegan un tempo antes.

O percorrido polo que transcorrerá o pelotón en Monforte será o seguinte: darán a entrada en Monforte procedentes de Pobra de Brollón pola rúa Ramón del Valle-Inclán, transcorrerán polo paso a nivel da Florida en dirección centro cidade, baixarán pola rúa Roberto Baamonde, na praza de Ponte Fontecha o pelotón tomará dirección cara La Compañía, continuarán pola rúa Compañía ata o Paseo de Lugo, da rúa Reboredo irán ata o paso a nivel, alí tomarán a rúa San Lázaro dirección A Pinguela e ao final desta, tomarán a rúa Sober seguindo en dirección Piñeira para saír da cidade.

Dende o concello solicítase que se evite a circulación polas vías afectadas polo paso de dito evento durante os horarios previstos e recoméndase o uso de vías alternativas de circulación.

Do mesmo xeito, agradécese a colaboración dos veciños e veciñas das rúas afectadas ós que se solicita que non poñan en marcha os vehículos que estean estacionados nas rúas polas que pasa o pelotón e que non saían dos garaxes que haxa nas mesmas.

Este dispositivo, ó transcurso da Volta Ciclista a Galicia ó seu paso por Monforte, estará coordinado pola Policía Local, que se encargará de proceder ós cortes de tráfico correspondentes, coa axuda doutros colaboradores municipais.