Skip to main content
Monforte

Renóvase todo o material de xogo da Gardería Municipal de Monforte

Por 20 Setembro, 2022Setembro 21st, 2022Sin comentarios

O concello de Monforte leva a cabo unha renovación integral dos xogos que se destinan a nenos e nenas de 0 a 3 anos, cun orzamento total de 5.000 euros.

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, comunica que o Equipo de Goberno ven de renovar todo o material de xogo da Gardería Municipal.

Tomé Roca subliña que “co inicio do novo curso académico procedemos a renovar todos os xogos da Gardería Municipal, adaptándonos así á nova normativa establecida para este tipo de xoguetes e elementos de ocio e educación, e dando solución ás necesidades actuais desta gardería”.

“Trátase de materiais de primeira categoría e da mellor calidade, porque queremos que os nenos e nenas usuarios desta Gardería Municipal conten cos mellores xoguetes para desfrutar no seu día a día, á vez que estimulan a coordinación, a psicomotricidade, a vista ou o tacto”, indica Tomé.

O rexedor monfortino recorda que “o concello corre cos gastos para facer gratuíta a Gardería Municipal”.

A renovación acometida polo concello dos materiais de xogo e educativos da Gardería Municipal comprende todo tipo de elementos, que cumpren coa normativa actual establecida.

Para a aula de 0 a 1 anos, o concello adquiriu unha tumbona hamaca destinada ós primeiros meses de idade, e 4 pelotas flexibles, para favorecer o desenvolvemento sensorial e táctil dos bebés. Para a aula de 1 a 2 anos, mercáronse pelotas sensoriais, paneis de xogo e vehículos temáticos. Para a aula de 2 a 3 anos, renováronse 24 contas xigantes de plástico para ensartar e un set de Kim buni tamén de plástico.

E para o patio interior adquiríronse 6 pelotas, un kit “meus primeiros correpasillos”, 7 triciclos, 4 coches de carreiras correpasillos, un dominó xigante de cores, unha cociña, unha máquina de facer pompas, insertables sobre temáticas diversas (granxa, safari, vehículos e piratas), bonecos de varias razas, cadeiras de paseo para os bonecos, botellas sensoriais e xogos de construción.