Skip to main content
MonforteVilalba

O Goberno inviste na rehabilitación dos paradores de Vilalba e Monforte

Por 26 Setembro, 2022Sin comentarios

O Goberno de España investirá 2,1 millóns de euros na provincia para a rehabilitación, mantemento e embelecemento do patrimonio histórico da rede de Paradores de Turismo en Galicia, un orzamento que procede do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado cos fondos Next Generation EU. As actuacións previstas levarán a cabo nos Bens de Interese Cultural (BIC) dos paradores de Baiona, Ferrol, Monforte de Lemos, Santiago de Compostela, Santo Estevo e Vilalba.

“España conta cun inmenso patrimonio histórico dentro da rede de Paradores de Turismo, monumentos abertos ao público polos que aposta o Goberno cun investimento histórico para a súa mellora e mantemento que gozarán turistas, e tamén residentes. Un investimento no patrimonio de todos, como as que estamos a financiar grazas ao Plan de Recuperación nas Cidades Patrimonio da Humanidade, nos Camiños de Santiago e no Camiño Ignaciano”, subliñou o secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, na presentación do programa no Parador de La Granja de San Ildefonso (Segovia).

O auxe do turismo cultural

Os viaxeiros que elixen España como destino de turismo cultural creceron un 16% entre os anos 2016 e 2019. Tamén aumentaron un 3,5% os que, de maneira específica, visitan durante a súa estancia museos, monumentos, igrexas e pobos. “Sabemos que o valor histórico e artístico do noso patrimonio é un imán de atracción de turistas. Por iso investir en patrimonio é reforzar o atractivo turístico de España e da súa riqueza de destinos”, en palabras de Fernando Valdés.

Na provincia de Lugo as actuacións previstas nas áreas históricas dos Paradores de Galicia son en Monforte de Lemos con 1.271.823,33  euros para a restauración da muralla, torre, cornixas e fachadas e a iluminación monumental do exterior do edificio.

No de Vilalba investiranse 841.424,50 euros para a conservación da torre e a iluminación monumental: da torre e almenado.

Este novo programa de investimentos no patrimonio histórico da rede de Paradores forma parte do Plan de Modernización e Competitividade do sector turístico ou compoñente 14 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. No conxunto do país, Turespaña, como propietaria dos inmobles, investirá 81,4 millóns de euros en 39 BIC da rede de Paradores e no conxunto monumental do arrabalde vello de Alcalá la Real (Xaén).

Para o director xeral de Turespaña, Miguel Sanz, “os fondos do Plan de Recuperación bríndannos unha oportunidade única para intervir nas xoias da rede de Paradores. Castelos, palacios, conventos e mosteiros que ofrecen ao viaxeiro unha experiencia singular e xenuína, dificilmente repetible en calquera outro país do mundo”.

O presidente de Paradores, Pedro Saura, incidiu na necesidade de preservar o rico patrimonio arquitectónico que posúe Paradores. “É un dos nosos principais activos dun crecente turismo cultural que se debe potenciar moito máis. Conservalo correctamente mantendo a súa autenticidade á vez que se optimiza a súa goce en termos de eficiencia e seguridade é crucial para ser un imán de atracción de turismo e xerar o desenvolvemento local que desexamos en termos de actividade e emprego”.