Skip to main content
Monforte

O programa Ler conta moito chega aos centros de ensino de Monforte

Por 30 Setembro, 2022Outubro 2nd, 2022Sin comentarios

O concello de Monforte presenta o proxecto Ler conta moito, que organiza en colaboración coa Biblioteca Municipal. Unha iniciativa chea de actividades para os máis cativos, que se centra na representación de distintas obras co obxectivo encher de risas e diversión a Casa da Cultura do concello.

Ler conta moito busca dar a coñecer e fomentar a lectura entre os alumnos e alumnas dos centros de ensino de Monforte. Esta semana xa se desenvolveron as obras Hoxe toca maxia a cargo de Carlos Tomico e Habelas hainas, por Leo Leíño.

O vindeiro venres día 7 de outubro ás 12.00 horas será a quenda da obra A maxia dos contos. Tamén na Casa da Cultura e a cargo do Mago Teto, esta obra vai dirixida a alumnos e alumnas de terceiro de Primaria dos centros de ensino de Monforte.

“Despois de tres anos xogando con outras artes escénicas nos meus espectáculos coma a música en directo, o teatro ou a danza, retorno á esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos novidosos tocando tódalas disciplinas da maxia e sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque canalla”, afirma o Mago Teto.