Skip to main content
Pantón

Coñece as parroquias de San Vicente de Deade, San Xulián de Serode e San Fiz de Cangas en Pantón

Por 1 Setembro, 2022Setembro 2nd, 2022Sin comentarios

O próximo sábado 3 de setembro a asociación cultural Segredos de Pantón, dentro do programa Cultiva Cultura 2022,  levará a cabo unha ruta polas parroquias de San Vicente de Deade, San Xulián de Serode e San Fiz de Cangas.

O prezo desta andaina será de 2 euros por persoa, unha actividade para tódolos públicos na que os que queiran participar, poden inscribirse xa por teléfono ou whatsapp (662 669 223 – Lucas Vázquez), por facebook ou instagram e tamén por correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com.

Segredos de Pantón ten previsto realizar tamén outro roteiro para o día 17 pola contorna de Pesqueiras, en Santo Estevo de Atán.

As andainas están organizadas pola Asociación Segredos de Pantón, en colaboración coas asociacións de veciños de San Romao de Moreda e Pesqueiras de Atán.

A ASOCIACIÓN

Segredos de Pantón é un colectivo nado no ano 2016, que non chega a formalizarse como asociación cultural ata 2019.

Dende os seus comezos como colectivo ata converterse en asociación cultural, sempre mantivo obxectivos claros entre os que

se atopan: a promoción, defensa e loita polo medio rural, a defensa e promoción da lingua galega a posta en valor do patrimonio de Pantón (tanto material coma inmaterial) e por suposto, a conservación e defensa da natureza.