Skip to main content
Pantón

Coñece a contorna de Pesqueiras, en Santo Estevo de Atán

Por 15 Setembro, 2022Setembro 16th, 2022Sin comentarios

Este sábado 17 de setembro a asociación cultural Segredos de Pantón, dentro do programa Cultiva Cultura 2022,  levará a cabo unha ruta pola contorna de Pesqueiras, en Santo Estevo de Atán.

O prezo desta andaina será de 2 euros por persoa, unha actividade para tódolos públicos na que os que queiran participar, poden inscribirse xa por teléfono ou whatsapp (662 669 223 – Lucas Vázquez), por facebook ou instagram e tamén por correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com.

As andainas están organizadas pola Asociación Segredos de Pantón, en colaboración coa asociación de veciños de Pesqueiras de Atán.

A ASOCIACIÓN

Segredos de Pantón é un colectivo nado no ano 2016, que non chega a formalizarse como asociación cultural ata 2019.

Dende os seus comezos como colectivo ata converterse en asociación cultural, sempre mantivo obxectivos claros entre os que se atopan: a promoción, defensa e loita polo medio rural, a defensa e promoción da lingua galega a posta en valor do patrimonio de Pantón (tanto material coma inmaterial) e por suposto, a conservación e defensa da natureza.