Skip to main content
O Saviñao

O escritor Xabier Quiroga dará o pregón na primeira edición da Festa da Vendima

Por 8 Setembro, 2022Sin comentarios

O licenciado en filoloxía galega e referente da literatura lucense, Xabier Quiroga Díaz, será o encargado de inaugurar a Festa da Vendima que terá lugar os días 17 e 18 de setembro no Saviñao con numerosas actuacións teatrais, musicais e infantís.

Esta primeira edición chega como unha proposta cun amplo programa de actividades que xiran en torno aos labores típicos da vendima, o viño e a gastronomía. A súa celebración terá lugar no entorno natural da Devesa, no corazón de Escairón. O evento está dirixido a todas as idades, pois tamén será posible presenciar actividades de artesanía e oficios centenarios como o de cesteiro, un traballo en perigo de extinción.

O AUTOR

Xabier Quiroga Díaz, natural de Escairón converteuse nun referente da literatura lucense cunha ampla obra que consta de nove libros.

A súa primeira creación foi Atuado na Braña, finalista do Premio Xerais 2001 seguido de Era por Setembro, Se buscaba un deus e O Cabo do mundo, libros que fan alusión á guerra civil e ao franquismo. Este último foi Premio da Crítica de narrativa gallega, ao igual que Zapatilla rotas, o seu seguinte libro. Nos últimos anos publicou Izan o da saca, La casa del nazi, O cabo do mundo e O baile dos estorniños

Ademais da literatura, ten un pasado vinculado ao mundo do fútbol xa que foi xogador do Atlético Escairón, o Calasancio, o Lemos, o Flavia e o Sporting de Xixón dos que mantén moi boas lembranzas.