Skip to main content
Sober

O municipio de Sober celebra a Romaría de Cadeiras

Por 3 Setembro, 2022Setembro 4th, 2022Sin comentarios

Esta festa popular terá lugar hoxe e os días 7, 8 e 9 de setembro na parroquia de San Vicente de Pinol, onde se atopa o santuario da virxe de Cadeiras.

Hoxe será a baixada da virxe ao santuario de Pinol, na que se celebrará a novena ata o mércores día 7 ás 20.00 horas. Será este día cando se realice a subida da virxe ao santuario de Cadeiras. A continuación o grupo Orquídea animará a verbena da noite.

O xoves 8 a xornada comezará ás 11.00 horas coas misas e ás 13.30 horas oficiarase a misa solemne. A continuación os presentes poderán desfrutar coa actuación da Banda de Música de Sober e un grupo de gaitas. A sesión vermú estará amenizada polo grupo Galaxia. Entrada a noite os grupos Galaxia e Suavecito animarán a verbena.

E por último o venres 9, ás 11.00 horas, darán inicio as misas e ás 13.30 horas terá lugar de novo a misa solemne que dará paso á sesión vermú a cargo da orquestra Alianza, que tamén será a encargada de amenizar a verbena de fin de festa.