Skip to main content
O Incio

Unha nova edición do Rally Terras do Incio fará ruxir os seus motores no municipio lucense

Por 1 Setembro, 2022Setembro 2nd, 2022Sin comentarios

Este rally turístico de automóbiles clásicos que este ano acada a súa X edición, percorrerá as zonas máis bonitas e recónditas de Galicia facendo parada en Lugo e visitando diversas comunidades autónomas do país.

O encontro deste ano vén marcado polo cariño e a ilusión dos seus promotores para conmemorar estes dez anos de encontros cos amantes dos clásicos e coa promoción turística dalgunhas das zonas más bonitas e descoñecidas.

Nesta nova ocasión os seus organizadores, Pilar Debelius e Andrés Castro “quixeron agradecer aos participantes a súa confianza e súa presenza xa que moitos deles son repetidores dende as primeiras edicións”.

Terá lugar do 4 ao 11 de setembro e nel poderanse ver rechamantes clásicos vidos de todo o territorio nacional que lucirán rodando polas estradas galegas, exhibindo vehículos e auténticas lendas do século pasado.

O Rally Terras do Incio é unha concentración de 25 vehículos clásicos, algúns deles con máis de 50 años de antigüidade, vidos de diferentes puntos de España. Auténticas xoias do mundo do motor de fabricantes coma Ferrari, Aston Martín, Mercedes, Corvette, Lancia ou Jaguar.

O rally, que este ano alargase durante 7 días para poder ofrecer unha experiencia máis completa, realizará a súa saída dende a Praza do Concello de Sober (onde estarán expostos os clásicos o vindeiro 4 de setembro). O día 6 estarán no concello do Incio, fronte ao embalse, o día 8 en Santiago de Compostela diante da Catedral en horario de 9.30 a 13.00 horas e finalmente, o día 9 estarán na Praza de España de Pontevedra de 11.00 a 18.00 horas.