Skip to main content
O Incio

O Festival Tremeterra fará vibrar ao concello do Incio

Por 1 Setembro, 2022Sin comentarios

O Incio acollerá os días 2 e 3 de setembro o I Encontro de Soundsystem da Terra Brava. Dous días de música e cultura dub nesta primeira edición que se celebrará no embalse de Vilasouto, o enclave perfecto para recibir ao festival.

Cunha morea de actividades previstas para venres e sábado, os asistentes ao Tremeterra poderán desfrutar de balde de multitude de obradoiros, debates aberto, música en vivo e soundsystem.

No cartel de maña, a escena feminina do dub será a protagonista.

Lioness Mathilda, Minas Collective, Yare Colectiva e Helen Noise, acompañadas de Moon Mermaid ao micrófono, serán as encargadas de poñer a música no equipo de Dub Mono HiFi, colectivo organizador dun festival que nace co obxectivo de ensanchar o movemento soundsystem a nivel galego e levalo a espazos pouco habituais para a escena, coma as poboacións rurais.

A segunda e última xornada que se celebrará o sábado, terá un marcado carácter internacional ao contar como pratos fortes coma o francés Itist, a suiza Esaia e o tamén galo Ishiban. A nota galega porana La Madriguera, SkankFu HiFi e os anfitrións Dub Mono, encargados de abrir e pechar o día.

Ademais de música, Tremeterra ofrece actividades paralelas coma obradoiros sobre composición do dub en directo e debates da escena soundsystem en Galicia ou a situación das artistas femininas no panorama musical.