Skip to main content
O Incio

O Incio acolleu un curso de enxertos de castiros e árbores froiteiras

Por 27 Setembro, 2022Setembro 28th, 2022Sin comentarios

Vénse de desenvolver no concello do Incio a segunda xornada do curso de enxertos de castiros e árbores froiteiras organizado pola Asociación As Cavarcas.

Un total de 24 persoas asistiron a esta formación centrada no coidado e na poda de árbores froiteiras que foi impartida polo experto Óscar Engroba Sal na Antiga Nave Gandeira do Incio.

O obradoiro non só conta coa colaboración As Cavarcas, que nacía este verán co obxectivo de preservar o patrimonio o zona e na actualidade conta xa con máis de 30 afiliados, senón tamén colaboran a área de Medio Rural da Deputación de Lugo.

Os asistentes ampliaron os seus contidos sobre as distintas árbores froiteiras e trataron temas como a importancia dos enxertos no cultivo de árbores froiteiras, que beneficios poden obter das árbores ao seren enxertadas, cales son os aspectos básicos que deben coñecer acerca dos enxertos ou cal é a importancia dun enxerto, entre outros aspectos.