Skip to main content
O Incio

O Incio amplía a súa oferta de actividades extraescolares

Por 28 Setembro, 2022Setembro 29th, 2022Sin comentarios

O concello do Incio amplía a oferta de actividades extraescolares para este novo ano escolar cunha opción variada de clases dirixidas a tódolos públicos.

Este ano o concello decide incluír a diciplina do hockey e ampliar os horarios nas clases de inglés para os alumnos de ESO interesados en asistir.

Tódalas clases de hockey (patinaxe), serán impartidas polo Club de Patinaxe Lóstregos Lucus. Terán lugar os luns en horario de 17.30 a 18.30 horas, despois da clase para o alumnado do CEIP Ricardo Gasset. O prezo destas clases será de 10 euros ao mes por cada alumno ou alumna, e de 5 euros ao mes polo segundo irmán inscrito.

Con respecto ás clases de inglés para todos aqueles nenos e nenas que se atopan nalgún curso da ESO, desenvolveranse os mércores en horario de 17.30 a 18.30 horas, tamén despois da clase para o alumnado do colexio. Esta actividade é de balde para tódolos participantes co obxectivo de que aprendan novas linguais ou aumenten a fluidez e os coñecementos que xa posúen.

O prazo de inscrición aínda está aberto para todas aquelas persoas interesadas, que poden anotarse contactando co concello do Incio no seguinte número de teléfono 982 427 014 ou no correo electrónico administracion@concellodeoincio.com