Skip to main content
Láncara

Unha mostra de Elvira López Mourín percorrerá facultades e escolas de enfermaría galegas

Por 6 Setembro, 2022Sin comentarios

A Academia de Enfermaría de Galicia e o Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo veñen de programar unhas xornadas para dar a coñecer a figura da enfermeira Elvira López Mourín, natural do concello Láncara.

A exposición itinerante poderá visitarse a partir do luns 19 de setembro no complexo universitario As Pedreiras de Lugo para continuar o luns 26 no campo da feira de A Pobra de San Xiao, en Láncara.

A figura de Elvira López Mourín convértese en indispensable no mundo da enfermaría dado que foi a primeira muller que exercía esta profesión e quixo participar de xeito voluntario nun voo sanitario, do cal se cumpren cen anos o vindeiro mes de novembro.

A exposición itinerante titulada Elvira López Mourín, unha enfermeira de altura, irá acompañada de varias conferencias que contarán coa participación do presidente da Academia de Enfermaría de Galicia, Isidoro Rodríguez, co investigador Miguel Ángel González Canomanuel, co profesor Rubén Pego Pérez e coa presidenta do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, Lourdes Bermello López.

A exposición percorrerá todas as facultades e escolas de enfermaría de Galicia e será clausurada na Consellería de Sanidade.

RECOÑECEMENTOS

No ano 1922 Elvira López Mourín foi considerada polos medios de comunicación españois como una heroína de guerra e foi recibida por diversas autoridades.

Nese mesmo ano participou en numerosos actos conmemorativos, tivo unha audiencia co presidente do Consello de Ministros José Sánchez Guerra, foi recibida pola reina Vitoria Euxenia e o rei Alfonso XIII concedeulle unha audiencia no Palacio Real onde foi felicitada por todo o seu percorrido profesional.​

Foi elixida no 2020 por Correos como protagonista do selo postal conmemorativo do Año internacional das enfermeiras e matronas, declarado un año antes pola Comisión Filatélica do Estado.