Skip to main content
Láncara

O Muvicla acolle unha reunión de varios enxeñeiros e técnicos agrícolas

Por 20 Setembro, 2022Setembro 21st, 2022Sin comentarios

Co único obxectivo de abordar varias liñas de traballo para o desenvolvemento do rural e evitar o seu abandono, véñense de reunir no Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla) situado en Trasliste, no concello de Láncara,  varios enxeñeiros agrónomos, de montes e técnicos forestais de Galicia.

Estes profesionais buscarán sinerxias para a levar a cabo unha xestión o máis racional posible do rural, sen dúbida unha oportunidade óptima para o territorio galego. O seu traballo permitirá xestionar aproveitamentos agrogandeiros e forestais e traballar na actual dinámica de abandono da terra e na caída demográfica.

Os enxeñeiros agrónomos, de montes e técnicos forestais poñen o punto de interese na posta en valor do rural. Non só centrándose nos beneficios que aporta á sociedade á obtención de alimentos e produtos típicos de alta calidade, senón tamén con respecto aos milleiros de hectáreas de monte que axudan a previr e frear os incendios forestais e xeran unha riqueza ambiental e hidrolóxica incalculable.

Esta reunión no Muvicla foi unha posta en común para trasladar a toda a sociedade a necesidade de mirar cara tódolos actores que interveñen na cadea alimentaria, como valores esenciais na calidade de vida.