Skip to main content
Paradela

Paradela vén de asinar co Mitma varios protocolos para a mellora da calidade de vida dos seus cidadáns

Por 10 Setembro, 2022Setembro 12th, 2022Sin comentarios

O concello de Paradela, convértese no único municipio galego de menos de 5.000 habitantes que obtén esta subvención centrada na posta en valor de aspectos coma a loita contra o cambio climático, a redución da dependencia enerxética ou o poder acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030.

O alcalde de Paradela, José Manuel Mato, participa de forma activa nesta firma de varios protocolos, xunto coa ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez.

A subvención consiste nunha liña de axudas de 50.000 euros e terá validez nun período de dous anos, axudando a xestionar o propio concello e establecendo vías de colaboración para os problemas que poidan xurdir.

A firma, presidida pola ministra Raquel Sánchez, contemplou 81 protocolos da Axenda Urbana dedicados a mellorar a calidade de vida dos cidadáns de tódalas entidades locais que entran nel. O ministerio ten previsto culminar en próximas datas o proceso para financiar un total de 121 proxectos con fondos europeos.

AXENDA URBANA

A elaboración dos proxectos que se engloban dentro da Axenda Urbana contemplan o papel dos pobos e cidades dun xeito transversal e integrado. Trasladando sempre ao local os retos globais que se podan presentar coma a mitigación do cambio climático, a eficiencia enerxética ou a loita contra as desigualdades sociais e económicas, e convertendo esta política de actuación no mellor instrumento para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030. Búscase que tódolos retos globais se teñan que resolver sempre dende a perspectiva local.