Skip to main content
Paradela

Os alumnos de Paradela poderán desfrutar do servizo de madrugadores

Por 28 Setembro, 2022Sin comentarios

O concello de Paradela vén de poñer en marcha o servizo de madrugadores dirixido a todos aqueles alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela.

Este servizo, xa dispoñible de luns a venres e en horario de 08.00 a 09.30 horas, ten como principal obxectivo apoiar a conciliación laboral e familiar de tódolos veciños da zona.

O programa madrugadores, consiste na ampliación do horario de apertura do centro docente durante tódolos días lectivos. E así o está a aplicar o concello de Paradela.

Desta maneira, os nenos están atendidos dentro do centro escolar nun ambiente lúdico e educativo. O servizo de madrugadores de Paradela, que se realiza en colaboración co centro educativo CEIP Plurilingüe San Miguel, ten unha programación específica baseada nas actividades creativas e artísticas, musicais e incluso deportivas.

Para recibir máis información acerca das actividades ou a inscrición no programa só é necesario achegarse ás oficinas municipais do concello, chamar ao teléfono 982 541 101 ou visitar a súa páxina web http://www.paradela.es/es