Skip to main content
Sarria

Este sábado visita o mercado de antigüidades de Sarria

Por 1 Setembro, 2022Sin comentarios

Volta de novo a celebración do mercado Quilate cuxos postos ao aire libre ofrecen multitude de obxectos de segunda man e outros restaurados que farán as delicias de tódolos asistentes.

O primeiro sábado de cada mes, a rúa Porvir do concello de Sarria acolle esta celebración situada na coñecida rúa dos anticuarios, no solar número 24-26 propiedade do concello.

Unha mestura de coleccionismo e antigüidade que comezou a organizarse xa nos anos 90. Ben sexa polos seus ambientes ou polas curiosas historias que agochan os obxectos que se atopan nun mercado, estes lugares teñen algo especial que engancha a un público de tódalas idades: turistas, xente da vila, anciáns xente máis nova… logran facerse cun público asegurado.

Neles pódense atopar toda serie de cachivaches do máis útil pero co que realmente se desfruta e co feito de rebuscar entre a maraña de mobles, obxectos e rarezas para conseguir atopar verdadeiros tesouros agochados. Artigos que van dende as antigüidades máis rechamantes, aos obxectos de estilo máis vintage, outros de coleccionista e cousas moi curiosas.