Skip to main content
Sarria

A romaría dos Remedios volve ao concello de Sarria

Por 5 Setembro, 2022Sin comentarios

Esta semana Sarria celebra a súa tradicional romaría dos Remedios, o xoves 8 e venres 9.

Os actos comezarán o xoves coa misa maior ás 13.00 horas e posterior procesión e sesión vermú coa orquestra La Favorita. Ás 19.00 horas terá lugar a actuación de María do Ceo e xa pola noite, ás 22.00 horas haberá festa e verbena amenizada polas orquestras Cinema e La Favorita.

O venres día 9, de novo haberá misa maior ás 13.00 horas, procesión e sesión vermú coa orquestra Tokio.

Ás 22.00 horas a festa e a verbena estará amenizada pola orquestra Tokio e Cordosom.