Skip to main content
Sarria

A asociación Anasbabi Ciliopatías realiza unha peregrinación a Santiago de Compostela

Por 6 Setembro, 2022Sin comentarios

Este colectivo sen ánimo de lucro que pretende dar resposta ás necesidades dos afectados e as súas familias polo Síndrome de Bardet-Bield e Ciliopatías, vén de realizar unha ruta solidaria polo concello de Sarria en pro das enfermidades raras.

Logo de realizar a súa andaina, Anasbabi foi recibida no concello polo alcalde Claudio Garrido. Tras coñecer con detemento a zona, o colectivo propuxo organizar novas actividades e roteiros no municipio de Sarria. Actividades coas que pretenden dar unha maior visibilidade ás enfermidades raras que son as que entran no seo da asociación.

Anasbabi Ciliopatías, realizou a súa primeira edición da súa peregrinación a Santiago estes días logo de que en anos anteriores tiveran que renunciar a ela pola pandemia da covid-19. O itinerario foi completado polos familiares das persoas enfermas, que se comprometeron dende un primeiro momento.

A ruta elixida, a variante do Camiño Francés, posibilitou a estes peregrinos coñecer localidades como Portomarín, Palas de Rei, Arzúa ou O Pedrouzo, antes de finalizar o seu percorrido na compostelá Praza do Obradoiro.