Skip to main content
Sarria

Filophobicas actúa este sábado en Sarria en colaboración coa asociación Buril

Por 8 Setembro, 2022Sin comentarios

Esta asociación cultural, deportiva e ecolóxica do concello de Sarria, é a encargada de xestionar o evento que terá lugar este sábado día 10 nas instalacións da asociación.

Esta cea de fin de verán comezará ás 21.07 horas da noite e será gratuíta. A comida pagarase entre tódolos asistentes e ademais, haberá palco de espontáneos e a actuación do grupo Filophobicas, pertencentesao xénero do punk rock en galego.

A BANDA

Filphóbicas é unha banda de punk rock-rock social galega formada no ano 2016 por Fran López (voz e guitarra), Nando Brocos (guitarra e coros) e Bubi Vidal (percusión e coros).

No ano 2016 gañaron o concurso Vas sacar nota co tema Non penso facer caso.

Nestes intres atópanse preparando novo set con instrumentación e temas novos para entrar con potencia no novo curso “musicosalafestivaleiro”, como eles mesmos o chaman, e así conseguir facer desfrutar ao público.