A parroquia San Vicenzo de Betote no municipio de Sarria, organiza os días 10 e 11 de setembro as súas tradicionais festas.
O sábado haberá churrascada veciñal e verbena co grupo Alaska e o domingo celebrarase a habitual misa maior con procesión ás 12.00 horas e posteriormente terá lugar unha sesión vermú amenizada polo Dúo Xplosión.
Dende a parroquia convidan a tódolos veciños de Betote e das aldeas cercanas a acudir a unha xornada que estará chea de celebración, música e boa comida.
