Skip to main content
Sarria

O concello de Sarria recibe tres candidaturas que buscan optar á presidencia do Partido Popular

Por 12 Setembro, 2022Setembro 13th, 2022Sin comentarios

Os nomes dos postulantes son Luis Pardo, Fernando Carlos Rodríguez e José Manuel Bello. Os veciños sairán de dúbidas o sábado 24 que é cando se coñecerá quen relevará a José Antonio García no mandato.

Luis Pardo é o actual presidente da xestora do Partido Popular, que se formou logo de que José Antonio García renunciara á presidencia do partido. O que foi alcalde de Sarria continúa sendo concelleiro e portavoz do PP, pero deu o paso a un lado para formar mellor equipo de cara ás eleccións do vindeiro ano.

Fernando Carlos Rodríguez é exsenador do partido e  actualmente é membro da comisión xestora. Foi concelleiro e xa ocupou o cargo de presidente durante oito años, do 2000 ao 2008.

E José Manuel Bello desempeña o seu labor como concelleiro na oposición. Foi edil con Independientes de Galicia e incorporouse á formación popular nas derradeiras eleccións. Na actualidade, forma parte da comisión xestora.

Todos eles entregaron os avales necesarios de afiliados (un mínimo de 25) para poder presentarse ao que será o primeiro congreso do PP en Sarria dende o ano 2013. Luis Pardo presentou case o triplo de avales que José Manuel Bello e o dobre que Fernando Carlos. Para oficializar a súa candidatura, o requisito principal era ter polo menos 25.