Skip to main content
Sarria

A Mostra de Teatro Iván Tourón Morais celebrarase maña na Casa da Cultura de Sarria

Por 14 Setembro, 2022Setembro 15th, 2022Sin comentarios

O concello de Sarria e a asociación Rebuldeira Teatro presentan a primeira Mostra de Teatro Iván Tourón Morais (nas categorías de infantil e adulto), que se celebrará durante este meses e todo o mes de outubro en Sarria.

O acto terá lugar maña xoves día 15 de setembro ás 19.30 horas na Casa da Cultura, coma unha homenaxe á figura de Iván Tourón Morais, falecido o ano pasado e que dirixía dende hai preto dunha década a Escola Xela Arias, onde deixou unha pegada difícil de esquecer.

Natural de Rubián de Cima (no Incio) e veciño da vila de Sarria, o profesor dirixía dende hai preto dunha década o centro. Traballador incansable, sempre estaba preocupado polos seus alumnos e buscando melloras para á escola.

Un docente que promovía, xunto ao resto do claustro gran número de actividades.