Skip to main content
Sarria

As bandas Zona Oscura e Untides actuarán este sábado en Sarria

Por 19 Setembro, 2022Sin comentarios

A asociación cultural, deportiva e ecolóxica Buril, do concello de Sarria, é a encargada de xestionar este evento que terá lugar o sábado día 24 nas instalacións da asociación.

A partir das 22.39 horas da noite actuarán os grupos Zona Oscura e Untides e posteriormente realizarase unha espicha de sidra sarriá de balde para tódolos asistentes.

O prezo das entradas aos concertos será de 5 euros por persoa.

OS GRUPOS

En 2019 Zona Oscura termina de gravar o seu segundo traballo discográfico, Hacia el lado contrario, que sae á luz o 9 de novembro e conta coa colaboración de Los Berrones, Chiri de Madera Rock e Ana de Filanda. A día de hoxe, están presentándoo en directo por diferentes lugares, van perfilando algunhas novas cancións no local de ensaio e teñen varias cousas claras: queren tocar as súas propias cancións (que digan algo que mereza a pena) e a máis importante: que isto fano para divertirse.

E por outra banda está Untides, un grupo de metal formado en Lugo que conta xa con varios traballos publicados. Son cinco os seus integrantes que actualmente están a traballar para cumprir con varios concertos ao longo de toda a comunidade.