Skip to main content
Cultura SARRIAXASarria

Entrevista: “O que quero é que Sarria teña un alcalde do Partido Popular en maio de 2023”

Por 28 Setembro, 2022Febreiro 13th, 2023Sin comentarios

Fernando Carlos Rodríguez, novo presidente do PP de Sarria.

Volve á presidencia logo de 14 anos de deixar o cargo. Como o afronta?

Ben, en realidade eu sempre estiven vencellado ao Partido Popular. Evidentemente como presidente a verdade é que é un reto importante pero ben, asumino totalmente consciente e a petición de moitos afiliados e non afiliados ao partido pola deriva que estaba tomando aquí o partido en Sarria, que ía realmente nunha pendente moi perigosa. Unha pendente de perda de afiliados realmente perigosa.

Como recibiu o nomeamento como presidente?

Home cando te presentas ao cargo sabes que sempre existe a posibilidade de que saias elixido pero a verdade é que non era doado porque o candidato oficial era o presidente da xestora, Luis Pardo, que era o que se presentaba e contaba con apoios oficiais… non parecía fácil o poder gañar no congreso.

Que balance fai da actual política local?

De momento non podería facer un balance en profundidade xa que voume involucrar a partir de agora. Coñezo a política actual pero non para facer un balance en profundidade, creo que para iso hai que estar na audiencia municipal como concelleiro ou vivila dende máis preto.

Eu ata o de agora, estiven máis involucrado na política nacional como senador. Aquí evidentemente si creo que hai temas nos que non se está actuando correctamente, nos que Sarria leva bastante tempo paralizada e sen obras importantes que son as que realmente cambian aos pobos.

Cales son os seus obxectivos a partir de agora? En que vai centrar o seu traballo?

O meu obxectivo principal é unir ao Partido Popular. Integrar á outra candidatura na nosa candidatura para que o partido quede potenciado, xa que o resultado practicamente foi un empate técnico, cunha diferenza de 5 votos. Entón está claro que o propio resultado pide que ten que haber esa integración.

Eu persoalmente ofrecina xa ao líder da outra candidatura, dende o primeiro momento no que rematou o congreso. Ese é o meu obxectivo principal e primordial: que o partido volva ser un partido forte, único, potente e cun número importante de afiliados.

Tal e como dixen no congreso, dende que eu deixei o partido en xullo de 2008 ata o mes de agosto do ano pasado que se convocou o congreso, en Sarria deixáronse de involucrar co partido máis de 500 afiliados (tendo en conta as defuncións que por desgraza houbo), pero o partido atopábase nunha situación realmente delicada.

Iso foi o que me levou a min e a toda a xente que mo pediu, a presentar a miña candidatura. Entón ese vai ser o primeiro reto que perseguirei como actual presidente do PP.

E o segundo, loitar entre todos por conseguir unha candidatura de consenso e forte, que sexa capaz de gañar as próximas eleccións municipais en maio do ano que vén para que Sarria teña un alcalde del Partido Popular.

Valora presentarse ás eleccións municipais?

O que valoro de momento é loitar para gañar as eleccións municipais en el 2023, agora mesmo o meu pensamento está posto primeiro no partido e despois, unha vez que haxa esa integración, será este partido forte e unido o que busque unha candidatura tamén sólida e de consenso. Se aí entro eu pois perfecto e senón, eu son un home de partido. Eu o único que quero é que Sarria teña un alcalde do Partido Popular en maio de 2023.