Skip to main content
Sarria

Sarria acolle mañá sábado a xornada Camiños e Cantares nos eidos da Bremanza

Por 30 Setembro, 2022Outubro 2nd, 2022Sin comentarios

O concello de Sarria celebrará a xornada Camiños e Cantares nos eidos da Bremanza: Unha Peregrinación Literaria, este sábado día 1 de outubro ás 12.00 horas nun acto que terá lugar na sede da sociedade cultural A Unión.

O acto, no que colaboran a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (Apecsa), a Xunta de Galicia e o Xacobeo 21-22,  conmemorará o 25 aniversario do pasamento do poeta Fiz Vergara Vilariño e o 60 aniversario da viaxe do periodista e escritor Álvaro Cunqueiro do Cebreiro a Santiago de Compostela.

No marco deste programa, xa se desenvolveron sesións en O Cebreiro, Samos, Triacastela e agora é a quenda de Sarria.

PROGRAMA

Ás 12.00 horas producirase a apertura dos actos que contará coa presenza do alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a concelleira do Camiño de Santiago e de Cultura de Sarria, Reyes Abella, o presidente da Unión de Sarria, José Quiñoá, a presidenta da Asociación Cultural Ergueitas, María Casar, a presidenta da Asociación Meigas e Trasgos de Sarria, Ana Belén Fernández, o representante do Xacobeo e o presidente da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (Apecsa), Xosé María García Palmeiro.

Ás 12.20 horas terá lugar unha conferencia sobre o poeta Fiz Vergara Vilariño, Xesús Alonso Montero será o encargado de presentar ao conferenciante Eduardo Rey, coordinador da Biblioteca Fiz Vergara Vilariño do IES Gregorio Fernández de Sarria.

Ás 12.50 horas haberá un recital que contará coa participación de estudantes dos IES de Sarria: Gregorio Fernández e Xograr Afonso Gómez, e de poetas e poetisas gañadores do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, convocado polo concello de Sarria, en colaboración coa Asociación Cultural Ergueitas.

E para rematar, ás 13.50 horas, terá lugar unha representación por parte do coro Sarricanta dunha obra musical baseada no poema do Fiz Vergara Vilariño Que lonxe estás, amiga!, con arranxos musicais do seu amigo Cosme Pombo, un gaiteiro das terras do Incio.