Skip to main content
Triacastela

Triacastela amplía o seu equipamento para a realización de traballos ambientais

Por 5 Setembro, 2022Sin comentarios

O concello de Triacastela vén de adquirir un tractor de segunda man totalmente equipado para completar a realización de traballos ambientais e de conservación.

Cun custe total duns 40.000 euros, Triacastela contará a partir de agora con este tractor deseñado para executar as tarefas agrícolas e medioambientais máis precisas. Non só facilitará a realización destes traballos, senón tamén minimizará o esforzo dos operarios municipais que se vexan implicados neles.

O principal obxectivo que persegue o concello de Triacastela coa adquisición deste tractor é manter limpas e coidadas as zonas rurais e contribuír ademais á seguridade de tódolos veciños.