Skip to main content
A PastorizaAxenda TERRACHÁXA

O CIN de Bretoña celebrará este mes varias actividades

Por 13 Setembro, 2022Setembro 14th, 2022Sin comentarios

O CIN de Bretoña comeza o mes de setembro cunha serie de actividades dirixidas a dar a coñecer o centro de intrepretación e a contorna.

A primeira das actividades será o día 17 de setembro, sábado e leva por título Camiñamos xuntos: a ruta de Maeloc. Consiste na realización deste roteiro, que permite coñecer paraxes tan incribles como Campo do Oso ou Pena Gallada. A duración é de unhas 3 horas e media e recomendan levar auga e un bo calzado. A saída está prevista do CIN de Bretoña as 10.00 horas.

Ao día seguinte terá lugar a visita guiada ao Castro de Saa e a Bretoña para poder coñecer a historia da rexión dende a época castrexa ata a actualidade, percorrendo tanto os restos do Castro de Saa, no sur de A Pastoriza, como o centro de Bretoña. O punto de encontro será o Castro de Saa as 11.00 horas. É necesario dispoñer de transporte propio de Saa a Bretoña e calzado cómodo.

O 24 de setembro está previsto un taller infantil de cerámica. Os máis pequenos da casa poderán coñecer un dos materiais que forman parte da historia da humanidade o tempo que crean a súa propia peza. Todos os materias están incluídos na actividade. Dará comezo as 11 da mañá no CIN de Bretoña.

As actividades son gratuítas pero é necesario inscrición previa. Pode facerse presencialmente no propio CIN ou a través do teléfono 636 836 250, o mail cinbretona@gmail.com ou Instagram.