Skip to main content
AbadínAxenda Caducada

Abadín vivirá a esperada Festa do Motor o 8 de outubro

Por 18 Setembro, 2022Outubro 8th, 2022Sin comentarios

Abadín acollerá no mes de outubro a I Festa do Motor, organizada por un grupo de rapaces de Abadín, que tivo que desconvocar con todo organizado para o mes de maio do 202o, debido á cuarentena decretada pola pandemia da covid-19.

Pero para nada se desanimaron estes rapaces, que apostaron nesta ocasión polo 8 de outubro para esta cita cos amantes do motor que nace coa ilusión de convertir a Abadín nun referente nesta práctica deportiva pola vinculación que teñen co mundo do motor.

Xa naquel momento, decidiuse por aprazalo porque non querían “que quede en saco roto tanto esforzo”. Finalmente a covid durou máis do esperado e houbo que comezar a traballar de novo pero baixo a mesma base.

Esta festa do motor está organziada por dous irmáns afeccionados aos rallys nos cales compiten esporadicamente, José Miguel Rodríguez e Joel Rodríguez, xunto cun gran amigo, Roberto Paz Ares.

A idea naceu en 2019 xa que Roberto dirixia un restaurante no Concello e organizaron unha cea a título persoal do equipo para presentar os colores do coche e foi un éxito, foi entón cando decidiron tentar de facer algo máis grande e pola pandemia víronse obrigados a pospoñer ás portas da data.

“Esta primeira edición intentaremos que salga todo o mellor posible porque non sabemos a magnitude que pode coller o evento, pero esperamos que sexa a primeira de moitas e porque non, facer máis grande o equipo da organización para que non falte un detalle e poder incrementar diversas actividades máis”, erxplican os irmáns Rodríguez.

Polo de pronto o evento, que ocupará todo o espazo que se reserva cada ano á feira de Santos, conta co apoio municipal co obxectivo de convertirse nun referente na provincia.

PROGRAMACIÓN

A programación estará centrada na exposición que se abrirá ás 10.30 horas cos vehículos, que farán un percorrido desde a céntrica plaza de Abadín facendo unha pequena caravana hasta Gontán.

A mañá estará animada pola sesión vermú, que estará a cargo do grupo Amazonas, previo ao xantar aberto a todos os participantes que o desexen. O menu, composto de entrante, paella, churrasco, postre, café e chupito, terá un custe de 25 euros para os adultos e 12,50 para os nenos de 6 a 12 anos. Para participar nel será preciso adquirir os tickets coa organización.

Á 18.00 horas está prevista unha exhibición de Motor Show e rematarán a xornada tamén cunha verbena na que repite o grupo Amazonas, ademais do sorteo especial dun coche para circuíto, un BNW 320 Ci E46 Drift Car.

Pero o mellor da sesión será que durante todo o día haberá animación con toro mecánico tanto para adultos como para nenos, exposición de vehículos por todo o recinto, simuladores a cargo de CockpitsRacing Cc e stand con merchandising multimarca. Tamén destaca a preseza do Équipe de Course Fran 22.

Ao día seguinte, os participantes que o desexen poderán participar no circuíto da Pastoriza de tandas privadas entre as 10.00 e as 14.00 horas.

Establécense varias datas límite para a participación. Así, o último día para apuntarse ao xantar é o 30 de setembro e para as tandas o 25 deste mes.