Skip to main content
Begonte

O CEIP Virxe do Corpiño participará nun programa formativo de inmersión de inglés

Por 25 Setembro, 2022Setembro 26th, 2022Sin comentarios

A Consellería de Educación seleccionou ao CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño para participar no novo programa formativo inmersivo DixitalWeek este ano.

O desenvolvemento do programa consiste nunha semana de campamento no modelo de inmersión en inglés con actividades no mundo dixital para alumnos/as de sexto de primaria. Trátase dunha actividade totalmente gratuíta para as familias.

O desenvolvemento destas actividades será no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo) e durante esa semana favoreceranse os diferentes contextos comunicativos para que os alumnos e alumnas melloren os seus coñecementos e habilidades en inglés.

Para lograr este obxectivo contarán co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa. Pero tamén farán deporte, socializarán con outros nenos e nenas de toda a comunidade e mellorarán as súas competencias dixitais.

O programa forma parte de dúas das principais estratexias de Educación: Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2030 (Edulingüe), como na Estratexia Galega de Educación Dixital 2030.

BREOGÁN

Por outra banda, varios xogadores e membros do equipo técnico do Club Baloncesto Breogán acompañados da mascota Maximus, fixeron unha visita ao centro. Os pequenos xogamos un ratiño con eles e desexáronlles moita sorte para a tempada que comeza.