Skip to main content
Axenda CaducadaCastro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Castro Ribeiras de Lea acolle o Campionato Galego de longa distancia MTBO

Por 2 Setembro, 2022Setembro 3rd, 2022Sin comentarios

Volven as competicións de orientación despois do descanso do verán. O Club Orientación Compás organiza dúas probas este sábado 3 de setembro en Castro de Ribeiras de Lea.

Pola mañá disputarase o Campionato Galego de distancia longa de MTBO e pola tarde terá lugar a III proba da Liga Galega de Trail-O.

As inscricións xa están pechadas.

O percorrido é na súa totalidade por pistas anchas e con bo paso que requiren pouca técnica ademais de carreteras secundarias de pouca circulación.