Skip to main content
Axenda CaducadaCastro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

Castro celebra o sábado a segunda edición do Mini BTT

Por 4 Setembro, 2022Setembro 10th, 2022Sin comentarios

O club BTT de Castro convocou este ano unha nova edición da Mini BTT, tras dous anos de parón debido á pandemia da covid, á que é xa a súa terceira edición.

Esta cita desenvolverase o próximo sábado, 10 de setembro a partir das 16.30 horas na Carballeira de Castro Ribeiras de Lea. Esta convocatoria quere repetir o éxito acadado nas anteriores edicións.

O obxectivo do mesmo non é a competición e nel poden participar todos os nenos e nenas que o desexen aínda que é necesaria a inscrición, que é de balde.

Haberá diferentes circuítos con xincanas para todas as idades. Todos eles terá o seu propio dorsal, ademais de merendas, regalos e máis sorpresas.