Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Castro de Rei acomete obras viais nas parroquias por valor de 150.000 euros

Por 11 Setembro, 2022Setembro 12th, 2022Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei está a executar obras de rexeneración asfáltica por importe de 150.000 euros financiadas integramente pola Xunta de Galicia en varias vías do Concello.

A primeira das actuacións, con cargo do Plan de Infraestruturas Rurais de Medio Rural, consiste no rexenerado da vía que discorre entre o barrio do Monte de San Xiao de Mos, ata o barrio da Cabana en Matodoso, que comunica as estradas provinciais LU-P 1107 coa LU-P 16 11. Trátase dunha vía que discorre por unha zona gandeira correspondente tanto á zona de concentración parcelaria de Mos com á zona de colonización de Matodoso, cunha extensión de 3,1 quilómetros e por un importe de 48.308 euros.

A segunda, con cargo ao Plan Marco de Camiños de Agader consiste no rexenerado de dúas vías por importe de 101.300 euros. Unha é a que vai da LU-P 1107 en Ribeiras de Lea, pasando por Castrillón ata a parroquia de Castelo do Concello de Outeiro de Rei, cunha lonxitude de 1,8 quilómetros.

A outra é a que vai dende a N-640 en Mondriz, no lugar de Veigas do Couso, ata o lugar de Sumedo, na parroquia de Ludrio, cunha lonxitude dun quilómetro.

“Ambas as dúas actuacións vertebran zonas moi transitadas dentro do Concello de Castro de Rei, tanto en usos agrícolas e gandeiros como ordinarios”, explica o alcalde, Francisco Balado.