Skip to main content
Axenda LUGOXAAxenda TERRACHÁXACastro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Comezan o 28 en Castro as reunións do programa Educando en Familia

Por 21 Setembro, 2022Sin comentarios

Castro de Rei retoma as reunións informativas sobre o programa Educado en Familia, que será impartido polas orientadoras do anterior Preescolar na Casa.

Este programa educativo vai dirixido ás familias con nenos e nenas que teñan entre 0 e 3 anos de idade ecudan ou non a outros centros educativos. O obxectivo do mesmo é contribuír á formación das familias e axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos nenos a través de diversas actividades axeitadas a cada idade e aproveitamento do contorno dun xeito consciente e reflexivo para reforzar a competencia educativa familiar.

No Concello de Castro de Rei a primeira reunión informativa terá lugar o 28 de setembro, ás 12.00 horas no local social da antiga Biblioteca Pública de Castro de Ribeiras de Lea (fronte á caseta do polbo).