Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Os veciños de Viladonga están convocados a unha xuntaza sobre a concentración parcelaria

Por 28 Setembro, 2022Sin comentarios

Segundo acordaron a Xunta e o Concello de Castro de Rei estase a proceder á elaboración das bases no caso do proceso de concentración parcelaria en Viladonga, para identificar os propietarios  e parcelas implicadas. Decretada o ano pasado, cabe sinalar que esta parcelaria abrangue unha superficie de 632 hectáreas. 

Debido a esto, o alcade de Castro, Francisco Balado, convocou aos propietarios e demais titulares a unha asemblea para escoller aos membros da xunta local de zona que supervisará o proceso e representará aos agricultores, así como aos integrantes do grupo auxiliar de traballo da zona de concentración.

Esta xuntanza terá lugar o día 7 de outubro, venres, ás 11.00 horas no local social da Comunidade de Montes de Viladonga.

Canto á reestruturación de Triabá tamén activa, actualmente se está a traballar no proxecto da rede principal de camiños, para adecualo ao estudo hidrolóxico solicitado pola Confederación Hidrográfica Miño Sil. Neste caso, a concentración afecta a unha superficie de 1.163 hectáreas, distribuídas nun total de 3.144 parcelas de 555 propietarios.