Skip to main content
Cospeito

Cospeito pecha este mércores o prazo para anotarse ás escolas deportivas

Por 27 Setembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Cospeito presentou unha nova edición, a vixésimo sexta, das escolas deportivas municipais. O prazo de inscrición xa está aberto e finaliza o 28 de setembro.

As disciplinas ofertadas son as mesmas de anos anteriores, aínda que as máis demandadas en pasadas edicións foron fútbol sala, natación, ximnasia rítmica, tenis e patinaxe.

No caso do fútbol sala (que se impartirá no pavillón municipal da Feira do Monte), haberá que indicar a categoría na que se inscribe e no de natación, (na piscina da Pastoriza), a quenda: martes ou mércores de 16.30 a 17.15 horas.

Ximnasia será no ximnasio do colexio da Feira do Monte e patinaxe, dependendo dos participantes, poderase impartir tanto no pavillón da Feira do Monte como no de Muimenta.

Finalmente, a de tenis será no polideportivo de Feira do Monte e os horarios estableceranse segundo a demanda e a ocupación da instalación. A actividade será gratuíta outubro e novembro e, en caso de demanda, daráselle continuidade o resto curso.