Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Breogán visita Friol dentro do programa Xacobeo

Por 12 Setembro, 2022Sin comentarios

Esta mañá presidente, xogadores, adestrador, Maximus, e outros membros do club Breogán de Lugo visitaron Friol.

Concretamente, estiveron no centro escolar cos mais novos e visitaron tamén os talleres de estimulación cognitiva de Afalu en Friol.

Ademais fixeron un paseo polo Camiño Norte ao seu paso por Seixón, acompañados de Guido Guía e da asociación Coidemos Lugo.

A Xunta de Galicia e o CB Breogán promoven a práctica do baloncesto ao aire libre en cinco municipios lugueses do Camiño de Santiago, con actividades gratuítas dirixidas especialmente aos máis novos e inclusivas, xa que están adaptadas ás capacidades físicas dos diferentes participantes.

O programa O Breo no Camiño, apoiado pola Administración autonómica a través de O teu Xacobeo, inclúe talleres de baloncesto de iniciación ou perfeccionamento en zonas abertas -prazas, xardíns, espazos naturais.. -, para o que instalan canastras portátiles. A inscrición é de balde e precisa rexistro previo. O 20% das prazas está reservado para persoas en risco de exclusión social, dependentes ou con escasos recursos.