Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol retoma este sábado a Feira do gando vacún de carne

Por 22 Setembro, 2022Setembro 23rd, 2022Sin comentarios

O Concello de Friol celebra este sábado a edición número dez da súa feira de gando vacún de raza rubia galega. O transcurso da feira, como en anos anteriores, terá lugar pola mañá no mercado municipal, finalizando coa entrega dos premios correspondentes e coa celebración das poxas, que en esta décima edición é unha novidade e un reclamo mais para os gandeiros que achegan cabezas á feira, e tamén vai servir de efecto chamada para que mais xente visite Friol e a feira, e para todos os interesados en participar en este tipo de compra-venta de gando. 

En esta feira, como nas celebradas en anos anteriores, o gando participante opta a premios en metálico e trofeos, que se dividen en diferentes categorías. Estas categorías son machos menores de 8 meses, femias menores de 8 meses, machos maiores de 8 meses, xatas e vacas. Os premios económicos divídense en 150 euros para o primeiro clasificado, 100 euros para o segundo e 50 para o terceiro posto. Hai un premio especial de 200 que levará a gandaría que asista co mellor lote.

Ademais de estes case 2.000 euros que se reparten nas diferentes categorías, as gandarías asistentes recibirán unha prima pola asistencia dos seus exemplares, os cales permitirán que se poida observar unha gran diversidade de reses, mostras e calidades de gando vacún de carne de raza rubia.

O alcalde de Friol, José A. Santos, resalta que “a gandería é un dos sectores mais importantes do noso Concello e unha parte fundamental, polo que unha feira dedicada ao gando vacún de carne parécenos que pode servir para seguir apoiando e impulsando o medio rural en xeral, e o sector gandeiro en particular” ademais dinos que “convidamos a todas as persoas que queiran desfrutar de esta feira, que está sendo un referente do sector, a que nos visiten ese día, e que aproveiten para desfrutar e vivir o noso marabilloso pobo”.