Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Gran éxito de público na Feira de Gando vacún de Friol

Por 25 Setembro, 2022Sin comentarios

Gran éxito de público e de gando no regreso da Feira do Gando Vacún de Carne, que regresaba a Friol tras dous anos sen poder celebrarse pola pandemia.

A Gandería Santos Buján fíxose co premio ao mellor lote, acaparando o primeiro e o terceiro premios en vacas, o segundo en novillas.

Outra das ganderías máis galardoadas foi Penín Puente, que recibiu o primeiro premio en femias menores 8 meses e en novillas e o segundo en machos, tanto na categoría de menores de oito meses como na de maiores.

Ganadería da Morena tamén foi premiada en varias ocasións, levouse o primeiro premio en machos menores, o segundo en vacas e dous terceiros, en femias e en machos menores de 8 meses.

Ademais houbo premio para Alfredo Méndez Cáceres (o primeiro en machos menores de 8 meses), Adrián da Picha (o segundo en femias menores de 8 meses), a Ganadería Santalla (o terceiro en machos maiores 8 meses) e Ganadería Gonzalo Seoane (que se levou o terceiro en novillas).

O alcalde da localidade, José Ángel Santos Sánchez, agradeceu o traballos dos gandeiros “sen dúbida, sen a súa implicación sería  moi difícil conseguir que o día de hoxe fora un éxito en todos os aspectos, participación de gando, calidade das reses e sobre todo afluencia de público.