Skip to main content
Axenda CaducadaFriolFriol TERRACHÁXA

Friol acolle unha mesa redonda divulgativa sobre o emprendemento feminino nos concellos do Camiño

Por 27 Setembro, 2022Setembro 28th, 2022Sin comentarios

O centro sociocultural de Friol acollerá este mércores 28 unha mesa redonda co título Elas, o que move o Camiño, que se centrará no emprendemento feminino e a igualdade.

Nesta sesión participarán Remedios Otero, de Casa da Galbana, en Friol; Rocío Barral, de Lucecús de Vilalba e Begoña Oural, da parafarmacia Conde Santo de Lourenzá.

A sesión terá lugar ás 20.00 horas.

Elas, o que move o Camiño é unha iniciativa promovida pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo, que foi seleccionada no marco do programa O teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia.

O seu obxectivo é recoller distintos valores do Xacobeo como son a tradición, a innovación e o talento local e integralos nunha iniciativa que destaca o patrimonio humano, natural e cultural característico dos roteiros xacobeos, fomentando á vez a igualdade entre homes e mulleres e o desenvolvemento rural.

As protagonistas son 12 mulleres emprendedoras e profesionais cuxo lugar de traballo atópase situado xeograficamente en distintos puntos dos roteiros xacobeos de Lugo e que manteñen o emprendemento, a igualdade e o respecto pola natureza e o medio rural como os seus valores principais.

Así, os concellos de Portomarín (Camiño Francés), Friol (Camiño Norte), Castroverde (Camiño Primitivo) e O Saviñao (Camiño Sur) son os puntos de encontro destas actividades de divulgación.